jueves, 1 de abril de 2010

Crónica ruta 28/03/2010

¿Nos vos destes conta que ultimamente o Presi baixa desbocado?
Ahora cada vez que ve unha costa a baixo tirase como un tolo, como se lle fose a vida, perdeu todo o mediño que tiña ¿que lle pasaría...?
Uns din que contratou un seguro médico que lle paga a oxtia por quedar de baixa, outros din que é para que Mar cobre o seguro de vida (cousas da crise)

Pero... este fin de semana por fin confesou... está a perfeccionar a sua técnica de baixada co método "Zas Corda Vai".
Como se pode ver na foto o seu SenSei estalle dando instruccións claras de como manter o equilibrio e mellorar a postura... O máis importante de esta técnica eque se o alumno non fai caso das indicacións, utilizan a corda verde, e con un par de "Zas, zas"... asunto aprendido.

Despois da lección de Zas Corda Vai non quedaba outra, que ir o monte a probar que realmente o metodo funcionaba.
Pero, vese que algúns non prestaron moita atención.

Vendo que a formación teórica non estaba dando on frutos desexados, non lle quedou outra que facer unha demostración práctica.
Como se nota o método Zas Corda Vai


Despois da demostración práctica, parece que xa escomenzamos a comprender o que nos quería contar, e a la fomos todos... Cu a tras... e frenos para que vos quero.
O malo e que despois de baixar sempre hai que subir, e canto máis pronunciada sea a baixada máis pendente vai a ter a subida (debe ser unha das leis de Murfy)
E, por fin... o ansiado premio, as pozas de Mougas.
A verdade e que hasta saimos guapos na foto e todo, e iso que estamos o natural, sin nada de fotoshop e cousas de esas.

Se xa o decia Pepe: Es que estamos echos unos bollos


Realmente, o noso segredo esta nesa brebaxe milagreia que a todos tanto nos gusta.

Xa o decia meu abuelo: sen palla non se fai o palleiro

1 comentario:

  1. Non sei a quen se lle ocurre plantar unha árbore no medio do camiño ¡Que pais!
    Saludos:

    Toupeiro

    ResponderEliminar