martes, 6 de abril de 2010

Marcha de Budiño e mais dos de Cangas


Amigos da peña, este domingo é a marcha de Budiño. Deixovos as bases e quedamos as 8.30 para salir dende Ramallosa os que vaian. Eu inda non sei se poderei.

Ademais seguindo as peripecias das xentes de Cangas aqui van duas novas entregas. Xa chegarón este domingo pero inda non subiron o final. En canto o teña poreino.



Ix marcha btt faro de budiño _ 11 abril 2010 _ budiño, o porriño

Un ano mais a ASOCIACIÓN DEPORTIVA A FORNA _ BUDIÑOBIKE-CANTEIROS ten o pracer de convidalos a participar
na MARCHA BTT FARO DE BUDIÑO, que este ano vai xa pola IX edición.

A data de celebración da mesma será o DOMINGO 11 de ABRIL de 2010.

O horario e lugar de saída será o mesmo de anos anteriores, ás 9.30 horas dende o CENTRO CULTURAL A FORNA, en BUDIÑO, O PORRIÑO.

Este ano con dúas novidades importantes:

1_ De modo paralelo á BTT realizaráse un ROTEIRO PARA ACOMPAÑANTES.
2_ A participación estará limitada a 400 BTTEIROS e 50 SENDEIRISTAS.

E manteremos os servizos prestados en pasadas edicións:

1_ ALMORZO na cafetería do CENTRO CULTURAL a base de CHOCOLATE e ROSCA + CROISSANTS.
2_ 2 AVITUALLAMENTOS, un xeral, con sólidos e líquidos e un secundario con líquidos.
3_ Servizo de LAVADO DE BICIS o final da ruta.
4_ Servizo de DUCHAS CON AUGA QUENTE no propio CENTRO CULTURAL.
5_ Petisco quente o remate da ruta a base de APERITIVOS e o xa coñecido LACÓN CON GRELOS.
6_ Servizo de AMBULANCIA durante todo o percorrido.
7_ Servizo de COCHE ESCOBA durante todo o percorrido.
8_ AGASALLO para os 200 primeiros que se pasen a retirar o dorsal no día da marcha.

Todo isto cos seguintes custes:

1_ GRATUITA para os SENDEIRISTAS sen o punto 5 do apartado anterior.
2_ 5€ para os sendeiristas con servizo completo (obligatoria inscrición anticipada).
3_ 8€ inscrición anticipada para BTTEIROS FEDERADOS.
4_ 10€ inscrición no día para BTTEIROS FEDERADOS.
5_ 16€ inscrición anticipada para BTTEIROS NON FEDERADOS.
6_ 18€ inscrición no día para BTTEIROS NON FEDERADOS.

As rutas presentarán as seguintes características:

1_ BTT. Percorrido de 35 km. de DIFICULTADE MEDIA.
2_ SENDEIRISMO. 10km. de DIFICULTADE MEDIA.

O resto da información podedes consultala nas seguintes direccións:

1_ PÁXINA WEB DA ASOCIACIÓN CULTURAL A FORNA
http://bretema.uvigo.es/aforna/inicio.html
pinchando no enlace á MARCHA BTT
http://bretema.uvigo.es/BTT.htm

2_ BLOGUE DA ASOCIACIÓN DEPORTIVA A FORNA_BUDIÑOBIKE-CANTEIROS
http://budinobike.blogspot.com/

(o perfíl da ruta de BTT subirase nos vindeiros días)

VÉMONOS O DÍA 11 DE ABRIL EN BUDIÑO!!!


Etapa 6: xoves, de San Martín del Camino a Villafranca del Bierzo
A etapa promete emocións fortes porque temos que subir un porto que chega aos 1500 metros, a mítica Cruz de “Fierro”. Temos case 30 quilómetros tirando para arriba así que nos mentalizamos pensando nunha etapa relativamente corta. O obxectivo é chegar a Cacabelos, xa no Bierzo, a uns 85 quilómetros do punto de saída. As rampas e a ameaza de neve eran as nosas principais preocupacións, tamén recuperarnos da enchenta do Albergue Santa Ana.
Se a cea foi abondosa e familiar, o desayuno non se quedou atrás. As tostadas de media barra, botes enteiros de manteiga ou mermelada caseira, tazóns de medio litro e zumos sen límite permitíronnos sair cebadiños e contentos. Durmimos cos colegas de Verín, que saíron media hora antes ca nós pola mañán.
A perezosa arrancada levounos por uns quilómetros máis de Chairas para comezar de forma suave pero constante a subida á cruz de Ferro. O tempo era nublado pero seco e seguimos camiños paralelos á estrada cunha boa morea de peregrinos camiñando. Ao noso arredor aparecen montañas nevadas por todas partes e preguntámonos cal será a nosa constantemente. Tras as rampas máis suaves atopamos xente que nos avisa que o camiño está impracticable por culpa do derretir da neve. Seguimos teimudos coa idea de seguir os camiños ata que nos chaman os compañeiros de Verín dicindo que deron volta porque ían ter que empuxar a bici para arriba moitos quilómetros. Decidimos seguir o consello e subimos o larguísimo pero moderado porto ata a cima. Aínda que nas últimas rampas aparece neve, a cousa non pinta tan mal como no-la contara. Ao final quédanos pena de non pelearnos con eses camiños, só Repeito a subiu polos camiños e díxonos que non era tan grave a cousa.
Tómase o bocadillo de rigor case na cima e continúase a ascensión ata as partes máis nevadas. Un alto para xogar coa neve na cruz de Ferro e a seguir, xa por camiños, ata o seguinte alto. Foi un tramo inesquecible por carreiros pedregosos ou enlamados e rodeados de neve por todas partes. Paramos nunha aldea hippie onte nos invitaron a pasar, explicaron como eran independentes ao non precisar enerxía do exterior e nos presentaron ás súas mascotas.
Un par de quilómetros para chegar arriba de todo e comezamos o descenso de vértixe. Moitos baixaron por carretera pero 5 lanzámonos polos pedrentos camiños ata que Alberto decide adiantarnos a un ritmo imposible e racha varios radios da roda. O resto da baixada debe continuar pola sinuosa carretera ata que nos reunificamos e reparamos averías. Un dannificado por problemas musculares debe seguir a etapa dentro da furgoneta e o resto entra na parte de León máis próxima a Galicia, a máis rompepernas. Crúzase Ponferrada case sen parar para lanzarse polas terras vinícolas do Bierzo uns 20 quilómetros máis na busca de Cacabelos. O bierzo ten turistas ademáis de viño. Os hostais, pensións e albergues resultan estar cheos polo que debemos continuar outros 20 kilómetros na busca de cama e superar novamente os 100 quilómetros, con puertaco incluido.
Finalmente quedamos en Villafranca del Bierzo, nun albergue-jaliñeiro. Un ático cunhas 25 camas de ruidosos peregrinos. Ese día pedaleamos ata cerca das 8 da tarde polo imprevisto problema de aloxamento. Deunos moita pena polo bonito e animado que parecía Cacabelos. Aínda por enriba tocou cear a correr xa que o albergue pechaba ás 10.30. Foi así unha cea rápida e tranquila nun restaurante ateigado pero eficiente.
Por outra banda xa estábamos no Bierzo, ás portas de Galicia. Os carballos e as aldeas esparcidas comezan a aparecer. Durmimos entre temerosos e ansiosos pola feroz entrada a Galicia que nos agardaba.


quí vai a penúltima etapa. Como imaxinaredes, todo isto acabará aparecendo nun blog con fotos incluidas onde tamén se engadirán datos novos como nome de albergues e quilómetros exactos para os que queiras orientarse polo que conto. Aquí vai a "penúltima"

Etapa 8. Sarria a Arzúa.
Tras unha durmida corta pero fortalecedera arrancamos nun día case despexado pero con algunhas nubes oscuras e ameazadoras. Os colacaos e cafés con leite, xunto con bollerías e tostadas dannos enerxía a calor para arrancar pouco a pouco xa que a noite anterior deixáranos un pouco agotados.
Pronto nos metemos nunha impresionante carballeira cunha corta pero dura subida. Nos primeiros 10 quilómetros cruzámonos, como todos os días, con moitos peregrinos. A partires de aquí sempre escasean xa que están máis espallados e rematan a súa xornada antes ca nós. Ao comezo do camiño temía que nos interrumpirían demasiado pero finalmente, a pesares de que camiñar parece producir sordera, conseguimos circular sen crear demasiados xustos. Houbo quen neste día, vendo algunha pija con medo a mancharse, aproveitou para salpicala para que se empapase un pouco de Galicia.
Os camiños amósannos o duro que foi o inverno xa que hai lama, regos e regatos que cruzar por todos lados. O terreo tórnase pronto favorable para descender por pistas anchas e doadas ata Portomarín. Aquí o Miño está impresionante grazas á enchenta do encoro de Belesar, que oculta a antiga aldea e a ponte baixo as augas do río.
Unhas barritas e pronto arrancamos entre un sol que asoma tímido entre nuves escuras. Aquí comeza unha longa subida. As primeiras rampas van por camiños húmidos e protexidos polas carballeiras. Pronto a subida segue pegada á carretera notándose máis o vento e comezando a chuvia que case non nos abandonará en todo o día. Tras os 18 quilómetros de subida afróntase terreo rompepernas nunha serie camiños entre aldeas co toque fedorento das explotacións leiteiras que fai indistinguible a lama da merda de vaca. A chuvia tórnase a veces en granizo, o frío da mañán non nos abandona e a lama está por todos lados. Crúzanse continuamente pequenas aldeas e as carballeiras alternan con prados, cortes e casas. O último cairo da mañán é intensísimo e chegamos para comer a Palas de Rei baixo un diluvio xeador que nos deixa aterecidos. Damos conta duns bocadillos de tamaño impresionante e deixamos correr o tempo para ver se o diluvio amaina.
Non tivemos sorte e arrancamos húmidos e fríos para enfrontarnos a outros 30 quilómetros polo interior de Galicia. A lama e auga está agora por todas partes, tamén sufrimos pinchazos que retrasan a nosa chegada á meta. Ao final do día temos as caras tan cubertas de barro que resultamos case irrecoñecibles. Foi un día sen subidas de dificultade pero endurecida polo cambiante terreo e meteoroloxía galega que nos fixo chegar pingando a un albergue pequeno pero confortable para “disfrutar” a última noite xuntos.
Estamos na penúltima etapa e podemos repasar o estado dos nosos maltratados corpos. Case todos sufrimos moito por culpa das nosa posadeiras entre o 2º e 4º días pero semella que o corpo foi tolerando cada vez mellor a tortura dos sillíns. Pablo non se resinte da súa lesión e Diego tampouco tivo problemas coa rodilla que o molestaba antes da ruta. Alberto e Marzochi queixarónse moito desta articulación e igual me pasou a min por culpa dunha caída estúpida no penúltimo día. En realidade todos tiveron problemas con rodillas e algún dicían que lle doían todas as súas antigas lesións. A diario os cheiros das cremas antiimflamtoria e para relaxar músculos invadían os albergues: por DIOS a quen se lle ocorreu que unha crema ten que cheirar a Bips Vapor Ups? Iamos apestando a menta polos pobos. Tamén hai algunha queixa polos tendóns de aquiles. Besbello soportou mediante cánticos os momentos máis duros dun problema muscular no muslo que lle amargou as etapas do medio. Repasando as queixas recollidas atópome a alguén que, alá polo sexto día, con todos lastimosamente doridos, díxome: “ando moi ben, só ajora me molestan un pouquiño as pernas”, impresionante “da toxeira”. Aos teus anos, nós escarallados e a ti moléstanche “un pouquiño” as pernas.
Finalmente, a cea en Arzúa foi aceptable e rápida xa que os excesos da noite anterior deixárannos con ganas de meternos cedo na cama. A diversión en Arzúa veu dun futbolín, onde Besbello e máis eu fomos case invencibles: a entrenar rapaces.

No hay comentarios:

Publicar un comentario