Para que quede constancia, Alejos chegou tarde, (xa vai en cabeza da competición de dormilóns)
O Presi marcounos como obxetivo ir de un en un hasta chegar a Seragua, facendo relevos cortos, a cousa pintaba ben, pero foi chegar Alejos e Beiro e aquilo convertiuse nunha anarquia, esta claro que o noso non é a carretera.
Unha vez chegados a Seragua, empezamos a disfrutar do camiño, calquera esquina era boa para sacar unha foto, se facia falta movianse contenedores ou parábanse coches...
Aquí abandonounos Beiro, xa sabedes tiña que ir a facer o churrasco ou unha desas cousas que fai pero que nunca invita.
Coa de Km que inda quedaban había que alimentarse, pero...
Nin Riki Martin come tan ben os Platanos
O tempo acompañounos en todo momento, iso que había algúnns que estiveron pondo velas por todas as capillas de centro Europa para que nos chovese a cántaros. (normal que non lles fixeran caso, seguro que lle rezaban en Galego, e os santos debían falar Inglés)
Cousa importante!! Se queredes mexar, nunca o fagades nun poleiro e co chichi cara o camiño, que inda que lle podedes alegrar o día a calquer paisano... non queda, o que se di moi bonito.
E como mais vale unha imaxe que mil palabras, poñovos un exemplo de como debedes facer:
O famosa "Senda del agua" que supostamente ia ser un paseo, convertiuse por momentos nun verdadeiro rompepernas.
Chegando o punto de que pareciamos coellos saindo da madrigueira.
Incluso tivemos que facer un pouco de escalada
¿Canto tempo creedes que lle fai falta a un membro da peña para reparar unha avería?
un pouco...
...dous poucos...
...tres poucos... (casi temos que chamar os bombeiros para destascala)
...catro pucos... e... tira millas outra vez.
O chegar o cañon do Oitavén, o pasar cada curva xa estabamos desexando ver o embalse
e por fin...
Foto de grupo para demostrar que chegamos...
... e, tira para Sotomaior, que xa é tardisimo e menuda bronca que vamos chupar o chegar.
O final fixemos 78Km.
Comemos e bebemos na casa de Carlos en Sotomaior...
Vamos, que o pasamos coma nenos, e se non me creedes ver as seguintes fotos:
Despois desta xornada tan dura so nos queda ir a descansar.
Como de costume, as fotos son de Isaac
Hay unha foto dun salindo do tobo sin casco que case nin se aprecia. Habrá que comprar a camara do clube que permita regular o Flash para evitar o reflexo en superficies lustrosas
ResponderEliminarE que pasa que na cronica non se di nada dos ultimos repechos do atallo que nos fixo coller o Carlos
ResponderEliminar