miércoles, 7 de abril de 2010

Senda del Agua

Non se sabe moi ben o porqué, pero o feito e que se decidiu ir hasta o embalse de Eiras saindo de Ramallosa, para despois acabar comendo en Sotomaior na casa de Carlos (quen diría que somos os mansos)

Para que quede constancia, Alejos chegou tarde, (xa vai en cabeza da competición de dormilóns)
O Presi marcounos como obxetivo ir de un en un hasta chegar a Seragua, facendo relevos cortos, a cousa pintaba ben, pero foi chegar Alejos e Beiro e aquilo convertiuse nunha anarquia, esta claro que o noso non é a carretera.


Unha vez chegados a Seragua, empezamos a disfrutar do camiño, calquera esquina era boa para sacar unha foto, se facia falta movianse contenedores ou parábanse coches...
Aquí abandonounos Beiro, xa sabedes tiña que ir a facer o churrasco ou unha desas cousas que fai pero que nunca invita.

Coa de Km que inda quedaban había que alimentarse, pero...
Nin Riki Martin come tan ben os Platanos

O tempo acompañounos en todo momento, iso que había algúnns que estiveron pondo velas por todas as capillas de centro Europa para que nos chovese a cántaros. (normal que non lles fixeran caso, seguro que lle rezaban en Galego, e os santos debían falar Inglés)

Cousa importante!! Se queredes mexar, nunca o fagades nun poleiro e co chichi cara o camiño, que inda que lle podedes alegrar o día a calquer paisano... non queda, o que se di moi bonito.
E como mais vale unha imaxe que mil palabras, poñovos un exemplo de como debedes facer:

O famosa "Senda del agua" que supostamente ia ser un paseo, convertiuse por momentos nun verdadeiro rompepernas.

Chegando o punto de que pareciamos coellos saindo da madrigueira.

Incluso tivemos que facer un pouco de escalada
Despois de todo iso e de xa levar nas pernas un poucos de KM, non nos quedou otra que tomar o segundo bocata da maña para repor forzas.

¿Canto tempo creedes que lle fai falta a un membro da peña para reparar unha avería?

un pouco...
...dous poucos...
...tres poucos... (casi temos que chamar os bombeiros para destascala)
...catro pucos... e... tira millas outra vez.
O chegar o cañon do Oitavén, o pasar cada curva xa estabamos desexando ver o embalse

e por fin...


Foto de grupo para demostrar que chegamos...
... e, tira para Sotomaior, que xa é tardisimo e menuda bronca que vamos chupar o chegar.
O final fixemos 78Km.
Comemos e bebemos na casa de Carlos en Sotomaior...
Vamos, que o pasamos coma nenos, e se non me creedes ver as seguintes fotos:



Despois desta xornada tan dura so nos queda ir a descansar.


Como de costume, as fotos son de Isaac

2 comentarios:

  1. Hay unha foto dun salindo do tobo sin casco que case nin se aprecia. Habrá que comprar a camara do clube que permita regular o Flash para evitar o reflexo en superficies lustrosas

    ResponderEliminar
  2. E que pasa que na cronica non se di nada dos ultimos repechos do atallo que nos fixo coller o Carlos

    ResponderEliminar