sábado, 3 de abril de 2010

Segue a aventura dos "bike ou no bike"

Nova entrega esta vez con tres episodios, as cousas complicanselle.

ETAPA 3: Welcome to Castilla. Luns.
A confortable noite no albergue de Azofra dá paso a un, como non, pausado desayuno. Fixádeos se somos desorganizados que ata as camareiras no-lo din, como foi o caso. Comézase con terreoo en lixeira subida por pistas boas ou sendeiros entre enormes plantacións. O ceo é ameazador, nubes con tons violáceos anticipan dificultades. Chégase a unha especie de “mini Seseña”, unha urbanización nova e aillada, completamente baleira cos carteis de “se vende” asomando na metade dos balcóns. A verdade é que a maioría dos pobos atopados estaban coidados pero desérticos: sera que añoramos a nosa queridísima e vital ría de Vigo. Nas últimas rampas pásannos dous de verín cos seus kilos de alforxas. Un deles mesmo rompeu un pedal (arremecájona que fosar deben ter os cabróns).
A baixada corta e rápida por pista condúcenos a Santo Domingo de la Calzada onde repeito fai fotos a patacas, mmmm, será o mal de altura. O lugar é espectacular cun casco vello bonito, amplo e ben conservado. A cidade é un auténtico monumento. Eu probei o “milagro de santo”, un doce con forma de cabalo e recheo de “cabello de angel” moi sabroso e servido por pasteleira rusa. Boa falta nos farían os miragres máis adiante.
Escandalizámonos polo alto prezo de visitar a catedral e, ao sair, atopamos aos outros dous acompañantes dos de Verín: viñan destrozados polo peso das mochilas, buscando transporte a Galicia polo que nos ofrecemos a levarllas nas furgonetas, cousa que agradeceron con regocijo.
Dende Santo Domingo ascéndese ao alto da Pedraja. O primeiro tramo, de pista entre enormes plantacións, é levadeiro. Tras xuntarnos en Grañón dispoñémonos a seguir acompañados duns amigos cataláns que presumían de montañas e dureza meteorolóxica na súa terra. O camiño acércase á N-120 e o vento aumenta sen cesar. Faise imposible pedalear pola forza, constancia e dirección contraria do vento. Sempre en contra, o vento fainos levar plato pequeno polos llanos, sen pasar dos 10km por hora nin sequera nos tramos máis favorables. O vento non nos colle preparados nin organizados así que o pelotón despedázase e os pequenos grupos loitan como poden contra eolo. O vento levantaba polvo en remuiños, ata que comeza a chover: un curioso fenómeno cando as nubes aínda estaban a varios quilómetros (estamos chegando a castilla, unha terra moi rara).
As pistas anchas rematan no pobo da Pedraja. Paramos entre unha choiva intensa e insistente para coller un sendeiro cortiño pero empinado e barrento. Pronto chegamos ao alto por pistas entre árbores desprovistos de follas polo letargo invernal por enriba xa dos 1000 metros de altitude que nos protexen do vento durante os últimos quilómetros de ascensión. Cando comeza o llaneo e baixada atópanse amplísimas pistas entre piñeiros que favorecen novamente a entrada do vento de frente. Non hai xa reunificación, imos case de a un, e a lixeira baixada que lévanos ao minúsculo pobo de San Juan de Ortega. Aquí os bocadillos de mediodía sorpréndenos por estar feitos, por primeira vez no camiño, cun pan realmente bo. Os compañeiros cataláns xa están cambiados porque fixeron a subida por asfalto e pensan seguir en coche os 30 km ata Burgos. Vaia, vaia, disque tiñan medo a enfermar: aquí vese de verdá onde está a rasa boa.
Seguimos llaneando por asfalto ata Atapuerca para afrontar o que no perfil era unha tachueliña. Foron uns 2 kilómetros de subida dura e moi pedrenta. Un tramo que faría as delicias en calquera marcha na nosa terra pero acaba coa moral e as forzas tras 60 kilómetros de pedaleo. Na cima unha espiral xigante (uns 30 mts de diámetro) feita por peregrinos con pequenas pedras pareceunos todo un espectáculo. Comezamos a divisar as planicies castelás dende o amplo prado da cima para lanzarnos por un descenso suave e co vento outra vez de fronte. Minúsculos pobos e camiños anchos condúcennos á entrada de Burgos co grupo outra vez deslabazado e cabreado pola falta de harmonía.
A entrada a Burgos é horrenda e perigosa, por unha avenida moi longa e transitada. O frío comeza a ser intenso e vimos de soportar algún chaparrón xeador. Cóstanos disfrutar da incrible capital gótica nese estado xa que estabamos cansos, fríos e fartos.
Seguiríamos 6 quilómetros para durmir nun sitio tranquilo e barato. Á saída da cidade comeza outra vez a chuvia intensa acompañando ao vento polo que nos acabamos dividindo en dous grupos. O segundo, con xente de sentido común, estráñase de non ter o pobo á vista polo que chama aos anxos da garda. Evitámonos así facer uns quilómetros de máis, que fixeron os que van mirando só para adiante.
Foi a segunda etapa consecutiva de máis de 100 quilómetros, un novo reto superado. Nesta etapa os cús xa se resentiron cruelmente. O vento, chuva e frío fíxoa durísima e o menda acabou cunha dor de garganta que ameazaba a miña continuidade na aventura.

Etapa 4. Martes, de Azofre a Carrrión de los Condes
O día amanece en Azofre co ceo case despexado e comezamos a llanear polas interminables chairas castelás. Pronto o vento péganos de frente cunha forza criminal. Quilómetros interminables co vento de cara no medio de inmensas panorámicas de chairas nos que os pobos distaban máis de 15 quilómetros entre si. Os avisos de temporal notáronse en ráfagas que fixeron que a etapa parcese ter un porto de montaña de máis de 50 quilómetros sen que ascendésemos un só metro.
O peor estaba por vir. En 50 metros de lama, as bicicletas de máis de 2 ou 3 mil euros quedan inutilizadas por un barro pejañento que impedía incluso que xirasen as rodas. Non podíamos nin sequera empuxar as bicis xa que as rodas estaban bloquedas polo barro. Tras media hora tentando eliminar barro baixamos a un pobo para recuperar forzas e, sobre todo, moral.
A etapa continuou con pelexa constante contra o vento, con pouco de interese que contar, salvo que por primeira vez perdemos distancia sobre o plan de viaxe previsto. Tamén e de destacar que fomos todo o día pegadiños un saos outros en lugar de ir separándonos en grupetos.
Alá polo quilómetro 50 chéganos unha subida dun quilómetro cun desnivel brutal. Aí os pros lúcense e Calleja, cos ollos fora das órbitas (en palabras de Alberto) tenta seguilos pero só consigue acabar coa moral. O compañeiro Costasruiz rebautizouse como Calleja, o aventureiro gracias ao inxenio de capitán marzochi.
Os últimos 20 quilómetros foron por unha interminable estrada totalmente cha e recta que nos conduciu a Carrión dos Condes. O grupo despedázase e desmoralízase para chegar cansados e, sobre todo, desmoralizados, e aínda por riba sen cumplir os quilómetros previstos así que perdemos parte da vantaxe conseguida nos días anteriores. Aceptamos durmir nun convento onde había que recollerse antes das dez.
A cea foi aceptable nun pequeno restaurante. Non faltaron, como sempre, unhas poucas risas, chupitos, vaciles e recordos de anécdotas do día.
A ducha foi máis ben fría para a maioría e apagáronos a calefacción en canto nos despistamos. As monxas estas de Santa Clara sonche ben ajarradas. Iso si, foron amables e deixáronos de regalo unas cucarachas paseando polo dormitorio. Durmimos xuntos os catorce nunha habitación/barracón onde puidemos disfrutar de ronquidos, risas, e desvelos nunha noite de pouco descanso.


Etapa 5: Carrión de los Condes a San Martín del Camino.
Tras unha noite de complicada convivencia nun barracón e desayuno rápido partiuse coa idea de facer unha quilometrada importante. Xa completáramos dúas etapas de máis de 100 quilómetros (a 2ª e 4ª) e decidimos acabar coa meseta dunha vez por todas. Tamén interesaba achegarnos ás montañas para que non coincidisen ao final das etapas así que nos mentalizamos de que ía ser un día de moitas horas de pedalada.
Foron finalmente 8 de pedaleo acordándonos dos nosos sufridísimos cús para completar 120 quilómetros.
O día amanece xélido e cun pouco de vento de cara así que imos tirando agrupados achegándonos xa á provincia de León.
A entrada a todas as cidades de castela é penosa. Longas avenidas con moitísimo tráfico e escasas sinalizacións fan que acabemos polas aceras e en direccións proibidas para seguir polo camiño de Santiago. Se en Pamplona e Logroño os accesos estaban cheos de carrís bici, rúas peatonais e saidas seguras, calquera cidade castelá era unha trampa mortal na que un ciclista podía levar innumerables multas se os de tráfico se poñen a vixiar os nosos caóticos devaneos en busca do camiño de Santiago.
A ruta discorre por interminables rectas cunha fileira de árbores recen prantadas que non dan sombra nin cobixo nin atractivo á ruta. Tras ir agrupados uns 60 quilómetros, 10 antes de chegar a León, os nosos anxos da garda atopan un paraíso. Dende fora é unha especie de casa ocupa chea de coloríns e pintadas. Cando entras é aínda peor porque todas as paredes están cheas de refráns, recordatorios e dedicatorias escritas con rotulador. Un individuo duns 45 anos e boina encárgase de todo, pon música reggae mentres prepara tortillas, bistecs, corta queixo e prepara cafés. A situación é caóitica e resulta que só toman tortilla os máis espabilados (marzochi e pichon están entre eles) pero a situación é divertida e reconfortante, porque o tipo non perde o sorriso nin a parsimonia. Un pouco de caos e sinrazón entre tantos campos cuadriculados e estradas rectas é de agradecer. Tras 4 horas de pedalear por pistas asfaltadas sen desniveis perceptibles atópase unha pizca de excentricidade que nos recorda que o camiño segue sendo diferente.
Cada día, a iso das dúas da tarde, os nosos anxos da garda, selecciónannos un local onde comer uns bos bocadillos quentes, cervexas, cafeses e o bo ambiente que precisamos para afrontar unha tarde sen destino fixo nin duración determinada. Os atardeceres esperando a que os nosos anxos da garda nos digan onde imos cear, durmir e troulear lévanse con humor ao saber que estamos nas mans de xente iluminada. Esther é condutora, guía e sabia negociadora que sempre nos atopa cobixo e comida boa e barata.
Decidimos superar León e no seguinte pobo non hai prazas así que rematamos en San Martín del Camino. Galicia achégase, o trato é diferente, a ración ten outra medida.
Conseguimos habitacións dobres a prezos moi razonables e tomamos as cervexas que irían quentando a animada cea. Unha sopa aceptable deu paso a uns bos pedazos de carne guisada con moreas de patacas fritas. Pódevos parecer insignificante o detalle, pero achegámonos a Galicia e os platos énchense de patacas, as botellas baleiras sustitúense sen que faga falla avisar, os chupitos están incluídos no menú e as cancións saen da alma. Besbello é o noso trovador na cea, igual que o é nalgúns tramos das nosas pedaladas. Marzochi é o provocador e Pichón o instigador. Sabina, Siniestro Total ou calquera canción clásica ou típica vai axudando a crear unha noite máxica e chea de alegría, risas e cánticos populares. As cancións e chupitos invitan a estar alegremente arredor da mesa sen preocuparse da etapa seguinte. Chegados a León estamos case na casa e unha boa papatoria lévanos a unha troula arredor da mesa onde brindamos polos camareiros, cociñeiros, polos anxos da garda, por Galicia, polo Camiño e pola cona que nos botou.
Unha noite máxica que nos levanta a moral tras superar a dura proba da interminable chaira castelá.
Se Costasruiz era Calleja, agora Diego será o Sputnik, Chapela o Cucharilla e Alberto seguirá levando o consello de “vai facer spinning, corre”.

No hay comentarios:

Publicar un comentario