viernes, 2 de abril de 2010

Os de Cangas que non paran

Aqui vos deixo a continuación da peregrinaxe que esta a facer esta xente.
O noso amigo tropic picouse e deleitounos cunha prosa fluida e traballada na anterior entrada. Xa o di Rocio " Mi Santi, es que me es un poeta, lo mismo me escribe que me monta en bicicleta". E, en profunda reflexión sobre esta máxima da rapaza, deixovos que disfrutedes cas peripecias das xentes do morrazo.

Etapa 2
O primeiro día acaba nun pequeno pobo de nome xa esquicido. As intensas negociacións de Andrés e Esther (o noso equipo de apoio) fan que nos poidamos aloxar nun pintoresco albergue con 12 persoas nunha habitación para 10: risas, escándalo, sonidos estraños e mal durmir.
O entusiasmo da primeira etapa exitosa, gañando 6 quilómetros ao plan previsto, levounos a darnos unha alegría regada de cerveza, viños e chupitos. Algúns cánticos acompañados de outros pregrinos aloxado e para cama a horas case razonables.
Noites alegres e mañáns tristes: o terreo do principio resultou moi favorable así que superamos as consecuencias da festa con certa facilidade.
Pasamos Estella, un pobo realmente bonito que conta con innumerables igrexas e, por suposto, a súa correspondente ponte medieval. Creo que nunca máis na vida nos chamará a atención dunha desas pontes de pedra antiga, unha costiña e amplos arcos: son incontables no camino. Ao deixar Estella ímonos adentrando en amplos campos cheos de vides que anticipan a pronta chegada á Rioja.
Ao pouco de deixar Estella atopamos a Bodega de Irache, o entusiasmo no pedaleo case fai que os “pros” pasen a fonte do viño sen a obrigatoria parada e cata. Como era de esperar, o caldo non era espectacular, só para mollar os labios, face fotos e amagar con encher o camelback para seguir por subidas en pistas fáciles, longas e só ao final pronunciadas.
Sucédense pequenos e pintorescos pobos. Deixamos un deles nunha empinada baixada de formigón que cambia a gravilla, curva con peralte cambiado e Diego contra as silvas. Fixo unha boa cama cun buraco a medida nas silvas, tan boa era a cama que Manu (presi) fai mesma trazada e mesma caída: “cuando abrí los ojos vi una cabeza entre mis piernas”. Diego levou a ostia propia e a que lle mandou o presi con ese cu macizo que lle escarallou o casco, o naris e case a cara enteira. Tras o incidente díxose que en adiante iríase con máis sentidiño (jajajaja).
A mediodía tómanse os bocatas de rigor tras a visita á bodeja de Rioja e déixase Logroño. Pásase por largos e impresionantes quilómetros de parques. Máis impresionantes os anímos de Pichón e Besbe para animarnos con rancheras e outros cánticos que sacaron o sonriso a moitos camiñantes a alegraron o ánimo dos que decidimos que o seu ritmo tranquilo era o noso.
Unha suave subida e o primeiro sol castelá que comeza a enroxecer as nosas pálidas peles para chegar a Nájera. O pobo era grande e feo, o albergue peor. Novamente os nosos anxos da garda búscanos mellor albergue en Azofra así que subimos 6 km para chegar a un minúsculo pobo cun moderno albergue con dúas camas por habitación (un luxo).
O segundo día de pedales provocou máis moderación nos licores e un descanso tranquilo porque non sabíamos a que se nos viña encima. Os perfiles son o menos complicado destas etapas.
Temos tamén unha nova expresión con significado ambiguo, depende do contexto, como boa expresión galega: Vaite facer spinning, corre! A frase require pedalear levantado movendo moito o cu e agachando a cabeza.
Por certo: problemas físicos escasos, só os quejicas de sempre.

No hay comentarios:

Publicar un comentario