martes, 30 de marzo de 2010

Estes si que peregrinan

Mandovos a cronica dos bos amigos dBike ou no bike de Cangas facendo o camiño, merece a pena:

Etapa 1, de Roncesvalles a Lorca
Na noite do sábado quedou selado o pacto do silencio, rito iniciático de fondas raíces mariñeiras, que protexe aos marinos en terras afastadas de cuestións que afecten ao divino perdón dos seus pecados.
Para sair de Roncesvalles, rebautizado como Roqueponte, averiguamos canto tempo precisa un auténtico bike ou non vai para levantarse, arrejarse, desayunar e montar a roda da bici. As probas empíricas sitúan o proceso en 2 horas e media.
A chuvia evitou unha impecable harmonía cromática nos traxes (algún de estrena) dos 14 galegos pedaleantes pola diversidade de chuvasuqeueros. Os perfiles eran no papel descendentes pero agachaban trampas embarradas por subidas pedrentas e baixadas retortas. Nos primeiros 15 kilómetros, discurrindo por sendeiros en mestos e húmidos bosques, asustamos a ducias de peregrinos que se apartaban polas cunetas ante a ruidosa aparición da raza de mariñeiros.
Vamos chavales! Berraba o capitán marzochi estirando o minipelotón. A modo, respetade aos a mariores! indicaba Pichon coa súa serena cautela. Besbello saca os cánticos populares e Doneciño só pensa nunha bodega de Rioja. Cruzámonos varias veces con tres bikers da terra dos viños de Monterrei e as augas de Cabreiroa, de Verín. Estes do interior queren facer o camino en 8 días en lugar de 9, que ofensa! que verjonsa! qué provocación! pensaron Alberto e Manuel. O resto do día presionaron para reducir nun día a data sinalada para o éxtase final do Obradoiro.
Os descenders gozaron da última parte de baixado. O entusiasmo era tal que só o sabio, razonable e juapo Marajota se decatou que levábamos 30 km sen tomar a jalleta. A chegada a Villava tróuxonos o recordo dos tempos de Indurain incluíndo cánticos de homenaxe pertinentes. Cruzouse Pamplona en formación máis ben caótica para tomar un maravillos bocatas ao deixar a cidade. Houbo unha confusión na cita cos condutores pero os bocatas nun parque co tímido sol de marzo soubéronos como se fosen unha boa mariscada.
A subida ao monte do Perdón: unha tachuela no perfil foi un unha tortura para algún dos peregrinos. Mentres Diego e Alberto sprintaban polas pedrentas costas; os calambres e dores de articulacións van aparecendo entre os mortais. Ascéndese ao Perdón entre inmensos prados e os familiares parques eólicos. O premio: unhas impresionantes vistas pero nada de perdón ningún porque o terreo rompepernas seguiu a castigarnos durante máis de 20 quilómetros. Unha baixada pedrenta e “falsos llanos” conducíronos a Puente la Reina. Aquí prodúcese un encendido debate entre os cautos (ou vagos) e os valientes (ou animaliños) sobre seguir ou parar. Non podía ser doutra forma, o lado animal triunfa e enfrontámonos a novas rampas co sol ameazando con ocultarse. Atravesamos as empinadas costas de Zirauqui para acabar en Lorca, nun acolledor albergue con abundante viño, comida e unhas mozas de Pladejón. Os oriundos informannos: “Las mozas de Pladejón quieren más gaita que sermón” e a tropa de Cangas pasa á acción e comeza unha nova noite de pouco sentidiño.
Mañán, outra ruta, destino: unha bodeja, que non nos pase nada.,

No hay comentarios:

Publicar un comentario