sábado, 9 de octubre de 2010

Peña Trevinca "Adestramento no tunel do vento" Part 3

A última parte do noso adestramento ten como obxectivo mellorar a nosa aerodinámica, xa se sabe que a posición enriba da bicicleta e fundamental...
...Os coche da F1 teñen un monte de enxeñeiros e mais túneles de vento, pero nos temos algo mellor...
... A señora "Paca" (realmente nunca nos dixo o nome) e mais a "montalla do vento".

Cando llecontamos a Paca onde queríamos ir a adestrar para mellorar a aerodinámica, ela votouse a rir e dixonos (palabras textuais):
"Cando volvades xa vos contarei un conto"

Nós, alentados pola Sra Paca, dirixímonos o noso particular túnel do vento...
... o chegar a verdade é que nos sorprendeu... había ventos de mais de 150Km por hora.

Vouvos a facer un resumen das probas realizadas no tunel do vento...

Aerodinámica1: O único que a superou foi Agustín cunha posición aerodinamica axeitada.
O resto temos que darlle un suspenso, Carlos escondeunse detrás de Amparo, Angel a rodos polo chan e a Santi non lle explicaron que cara o vento non se pon o cu senón a cabeza
Aerodinámica2: O único que a superou foii Carlos, fixadevos que pose tan aerodinámica ten entre as herbas.
O resto temos que darlle un suspenso, Agustín ten mais unha postura de ir durmir a sesta que de estar loitando contra o vento.
Aerodinámica3: (Abanicos), Rocio pillouno enseguida, "escóndome detrás de outro, así dáme menos o vento"

Aerodinámica4: ¿Como se fai un foto con ventos de más de 150Kmh? Ver vídeo...


Proba superada...
...Agora solo nos queda que a Sra Paca nos mande os diplomas.

Continuará...

jueves, 7 de octubre de 2010

Peña Trevinca "Adestramento Acuático" Part 2

O noso plan de adestramento ten varios apartados, e un deles e o acuático, non podemos esquecer onde vivimos, aquí chove máis días dos que fai sol.
Así que adecuamos o noso adestramento a ese elemento tan húmido...
...dieta estricta...

...Incorporamos levantamento de pedras para fortalecer as costas e os brazos ...
...fomos as minas...
...fixemos pretemporada nun pilón...
...Vamos que o adestramento foi moi intenso.
Aquí amosámosvos as técnicas mais depuradas que teñen relación co elemento acuático:



Continuará...

martes, 5 de octubre de 2010

Peña Trevinca "Adestramento en Altura" Part 1

Este fin de Semana fixemos unha escapada a Peña Trevinca, o pico máis alto da Galicia.
Pasamos todo o fin de semana adestrando moi duramente...
... a preparación foi durísima...

... Tivemos que equiparnos con roupa axeitada para a ocasión...

... tivemos que adecuar a nosa dieta (todo sano)...
... estudiar as rutas a seguir para poder acceder o pico sin riscos...... e todo isto, para conseguir chegar o Monte Marulo a 2000 metros de altitude...

...Aquí amosámosvos as técnicas máis depuradas de adestramento para conseguir chegar o noso obxectivo:


A foto de rigor para que quede constancia de que chegamos todos...


... e despois a festexalo....

Continuará...

jueves, 30 de septiembre de 2010

O abismo do medo...

O abismo do medo e unha invención de Lago, o rapaz como non durme de noite dediicase a montar trialeras...
... trialeras, bueno, neste caso non se lle pode chamar trialera, mais ben e como o Cañon do Colorado pero en Camos.

Seica aquí é onde os pilotos de aviación apreden a voar...



Despois de este aterraxe e cando un recorda que...
... "As Jaliñas teñen alas pero non saben voar"...
... Quen ten cu ten medo.....etc...

sábado, 25 de septiembre de 2010

Pandullazos nas Rosquillas 2010

A xente que vai as marchas despois sempre van chuleando das baixadas que fixeron os adiantamentos que pegaron...
... pero o que nunca contan son as oxtias que se pegaron ou o acojone que levaron cando non foron capaces de baixar aquela trialera.

Pero agora temos aquí esta proba gráfica que nos vai amosar o que realmente pasa nesas marchas BTT





Este vídeo e un fragmento de outro que subiron os PICOARAÑA sobre os "Pandullazos" da marcha BTT das Rosquillas 2010, se queredes ver o vídeo enteiro premede aquí: Video1 y Video2


martes, 21 de septiembre de 2010

Domingo nos montes de Donas 12-09-2010

Este domingo viñeron con nós tres novos biciclistas, un incluso cruzou o charco so para poder dar unha volta polos montes da Galiza...
...a todo isto, creo que xa aprendeu como se chaman algunhas das plantas que medran por estes lares "Toxos, silvas, ortijas" (jejeje) para que despois digan que os catus pican.



Como vos mestres e anfitrións que somos, intentamos amosarlles como non se debe baixar unha trialeira.


Para asegurarnos que aprenderona lección fixemoslle un ultimo simulacro, para que aprenderan a caer con estilo...



Despois destas leccións creemos que estes novatos xa estan preparados para viaxar polos montes adiantes e deixar os dentes en calquera pedra.