sábado, 9 de octubre de 2010

Peña Trevinca "Adestramento no tunel do vento" Part 3

A última parte do noso adestramento ten como obxectivo mellorar a nosa aerodinámica, xa se sabe que a posición enriba da bicicleta e fundamental...
...Os coche da F1 teñen un monte de enxeñeiros e mais túneles de vento, pero nos temos algo mellor...
... A señora "Paca" (realmente nunca nos dixo o nome) e mais a "montalla do vento".

Cando llecontamos a Paca onde queríamos ir a adestrar para mellorar a aerodinámica, ela votouse a rir e dixonos (palabras textuais):
"Cando volvades xa vos contarei un conto"

Nós, alentados pola Sra Paca, dirixímonos o noso particular túnel do vento...
... o chegar a verdade é que nos sorprendeu... había ventos de mais de 150Km por hora.

Vouvos a facer un resumen das probas realizadas no tunel do vento...

Aerodinámica1: O único que a superou foi Agustín cunha posición aerodinamica axeitada.
O resto temos que darlle un suspenso, Carlos escondeunse detrás de Amparo, Angel a rodos polo chan e a Santi non lle explicaron que cara o vento non se pon o cu senón a cabeza
Aerodinámica2: O único que a superou foii Carlos, fixadevos que pose tan aerodinámica ten entre as herbas.
O resto temos que darlle un suspenso, Agustín ten mais unha postura de ir durmir a sesta que de estar loitando contra o vento.
Aerodinámica3: (Abanicos), Rocio pillouno enseguida, "escóndome detrás de outro, así dáme menos o vento"

Aerodinámica4: ¿Como se fai un foto con ventos de más de 150Kmh? Ver vídeo...


Proba superada...
...Agora solo nos queda que a Sra Paca nos mande os diplomas.

Continuará...

No hay comentarios:

Publicar un comentario