Mostrando entradas con la etiqueta trives. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta trives. Mostrar todas las entradas

sábado, 15 de mayo de 2010

Excursión a Trives Capítulo 4

O castiñeiro de Pumbariños e unha desas xoias que quedan na Galicia que ninguen se debe perder, un aunténtico supervivinte con máis de 1.000 anos de antigüedade.

Acompañamos os camiñantes ata o Souto de Rozabales que é onde se atopa o castiñeiro...

o chegar a todos nos sorprendeu o seu tamaño, comparados con este exemplar todos os outros castiñeiros parecían "arbolitos"......Verdadeiramente imponente... (Teño pendente que me pasen a foto na que estamos todos xuntos para subila)...Casi imposible de non ver...
Digo casi, porque Angel meteulle un cabezazo.... que, menos mal que levaba casco... ...porque, as lágrimas saltaronlle e todo...... o golpe algo debeulle de afectar, porque despois quedoulle unha cara un poco rara.
De volta no pazo, tan so nos quedaba o peor...
...Pagar a factura...
...Solo hay que mirar como suda o rapaz facendo números.
Se queres ver todas as fotos presionade aquí
(Fotos de Santi e Isaac, faltan por subir as das outras camaras.)

jueves, 13 de mayo de 2010

Excursión a Trives Capítulo 3

O Domingo amaneceu un pouco gris...
...a escusa perfecta para algúns cagados, para non querer ir en bici.
O resto, os valentes decidímonos a sair...

Fixemos un recorrido precioso polos soutos cheos de castiñeiros....
...castiñeiros centenarios... ...regatos......montes cheos de xesteiras de cor branca.......vamos, que o pasamos como henanos, solo hai que ver que contento vai Roberto, que xa lle sobra ata unha roda (o regreso sobrabanlle ata a outra)......todo ia ben ata que nos fixamos naquel castiñeiro....

...e, non puidemos reprimir as ganas de subirnos a el para facer unha foto...
...xente deportista coma nós, seguro que dun chinpo xa estamos arriba...
...bueno, o que se di dun pincho...
...home, o que se di dun pincho parece que non foi, pero...... a foto fixemola.......inda que o baixar...
¿Que será o quelle esta facendo Roberto a Isaac?

Despois de tales emocións, intentamos repetilas pero, desta vez na bici...
...empezandonos a picar... a que nos eres capaz de baixar .......va, se baixas ti eu tamen...
...pois eu cos ollos cerrados......iso si...
...ninguen se atreveo a replicar o salto de Roberto.Como xa solo podíamos quedar mal, decidimos continuar coa ruta polos bosques de carballos...
...fenteiros......e ferbenzas.
O final atopámonos con nosos compañerios senderistas e fomos todos xuntos a ver o castiñeiro milenario con máis perimetro de Galicia (13 metros)
Continuará.....

miércoles, 12 de mayo de 2010

Excursión a Trives Capítulo 2

Pola noite, festa rachada,
Campeonato do mundo de futbolín...

...Campeonato do universo de Chinos (aquí, o jefe indio Isaac desplumounos)......e... campeonato de mais alá do universo de adiviñar peliculas...
....neste apartado merece unha mención especial Luís (o pequeno), a ver se conseguides adiviñar de que pelicula se trata:

...Esta foi a explicación de Luís para que intentasemos adivinara Peli de...
....
...E.T.E (xa me contarás).

Despois dunhas copas e un sono reparador... chegou o Domingo...

Continuará....

lunes, 10 de mayo de 2010

Excursión a Trives Capítulo 1

Os menbros do cluble fomos na conquista das terras de Trives e Manzaneda.
Aloxamonos nun pazo bastante xeitoso:


Durante todo o fin de semana compartimos estancia cunha familia de Cigüeñas (case ninguen do grupo se atreveo a facer porcalladas pola noite, non fose ser a cigüeña lle dese por facer das suas)
Despois de deixar as maletas... un pequeno paseo ata trives, e... a comer...
...comer, beber ...
...beber....
... e xa se sabe, depois todos botamos peito para fora e picamonos facilmente...
...¡¡¡Pois ahora vamos a Subir a Cabeza de Manzaneda e vamos a tirarnos coas bicicletas dende alí ata chegar a Trives!!!!...
...Dito e feito, así como quen non quere a cousa xa estabamos todos montados na furgoneta dirección o pico máis alto de Manzaneda...
... o que parecía unha boa idea despois do cafe, empezaba a porse bravo, pois arriba facía un frio que pelaba (2 grados), estaba cuberto de nevoa, e chovía auga neve...

...o máis grave e que non tiñamos nin puta idea de onde quedaba trives, nin cal era ruta que tíñamos que coller... dificil o tíñamos para poder chegar o destino....
...pero como recuar e de cobardes... cado xa iamos a empezar a nosa aventura apereceu un home montado nun Quad, que nos indicou o camiño para quegar ata o area recreativa de Manzaneda...


¡¡Que baixada!!! ¡¡¡Como resvalaba todo!!! ¡¡¡Menudos regos que se nos cruzaban na baixada!!! nun cerrar e abrir de ollos pasamos dos 1800 metros de altitude a 1500.

Pero... volviamos a ter o mesmo problema ¿onde queda trives?.... e nisto... apareceu... aquel
home montado no seu Quad... ¡¡¡Se queredes acompañovos eu, e fagovos de guía!!!
Como nos iamos a resistir a esa invitación, así que alá fomos coa compaña do noso Sherpa (Miguel)...
...durante a baixada tivemos 3 reventons...

...e unha caida, ahora Rocio esta morena a cachos......pero, non hai quen poida con ela.
Cambiando de tema...
...Algún parece que lle costa o cambio de Bici, xa pensábamos que non chegaba.


Temos que agradecer o noso Sherpa Miguel que nos sacase da lea na que nos metemos e que nos trouxese outra vez a civilización.

Se queres ver o Trac da ruta presiona aquí

Continuará..........