Aproveitamos a escusa da marcha BTT para pasar un día de troula na praia.
O sol xa apretaba pola mañá cedo.
As vistas durante todo o percorrido foron espectaculares.
O polvo acompañounos durante toda a marcha, nas trialeiras non se miraba nada, todo era polvo.
O final o calor case acaba con nós.
Chegamos todos feitos un cristo, cheos de merda hasta as orellas.
O rematar fomos darnos un baño ata a praia...
despois montamos un picnic nas dunas da praia...
o rematar de comer unha sesta de 30 minutos...
e despois a torrarse o Sol...
Para rematar o día botamos un partidazo de Futbol (bueno aljo parecido o futbol)
Se queredes ver todas as nosas fotos podedes premer aquí
Para ver todas as fotos da marcha premede aquí
Teño pendente subir un par de vídeos que non teñen desperdicio, a ver se me da tempo mañá.
oye, mirastes o auténtico "trampero vilas do misissipi"... ai si john wayne levantara a cabeza...
ResponderEliminar