lunes, 27 de junio de 2011

Excusión as fragas do Eume

As fragas do Eume, un sitio peculiar...
...Cuna de carrachos e paraíso dos que non queren que os localicen. (¡merda de cobertura!) ou se queren perder (inda que non queiran, vanse perder igual). Un sitio onde os mapas están pensados para bonito, onde as fotos dos monumentos tapan os cruces importantes, e onde para que quede mais chulo o mapa píntanse as carreteras rectas sen cruces, non vaia a ser que a xente se lie.

As súas xentes tamén son peculiares...
... Unha xente moi servicial, da igual o que preguntes ou necesites, eles van che a dar tal cantidade de información contradictoria que e como se non preguntases nada, iso sí utilizan o tempo que faga falta falando contigo, notase que están faltos de conversación .

Menos mal que temos o Ton Ton, mira que é listo o cacharro este, bueno o noso parececia que estaba configurado en modo "trialera" por menudos camiños nos meteu.

Resumen:
O sitio moi chulo.
As rutas en Bicicleta impresionantes.
As rutas de sendeirismo impresionante.
A casa rural o mellor
A comida Impresionante.
A señalización penosa







Para ver todas as fotos premede aquí

Quedan algunhas fotos por subir, esta semana estarán subidas.

No hay comentarios:

Publicar un comentario