lunes, 21 de junio de 2010

Sardiñada Nocturna

Este Venres toca nocturna
Saese da casa do Alejos, e volvese ali para cear.
Avisasde os que vaiades para saber cantas sardiñas temos que comprar.
A hora de saida é a de sempre. 9.30 (21.30)

jueves, 17 de junio de 2010

Marcha Tui-Galiñeiro-Monte Aloia

A marcha resúmese moi facilmente.
A subida: moi aburrida, todo por pista ancha.
A baixada: ESPETACULAR, INSUPERABLE.

Felicidades para os BICIOSOS, porque vai ser practicamente imposible superar a adrenalinada das trialeiras e rampas que prepararon.un10para aOrganización

Representantes da peña (poucos pero, démolo callo)

Os últimos 11Km todo trialeras...
...a lingua fora e para compesar o desnibel do terreo (que técnica)...
Se queredes ver todas as fotos da marcha podedes acceder galería de fotos dos BICIOSOS premendo aquí

lunes, 14 de junio de 2010

Marcha de Cangas 06/06/2010

No estamos todos los que somos, pero somos todos los que estamos


Jose, acadou nesta marcha o liderato de rotura de cadea nunha mesma mañá, agora o record esta en 3 roturas.Quen diría que estes foron en bici... se parece que foron a recoller patacas.

Para ver todas as fotos premede aquí

martes, 8 de junio de 2010

Domingo 30/05/2010

Este domingo tivemos carne fresca, tres novos "bikers" acompañaronnos polos montes do Val Miñor.
Comovos mestres que somos intentamos amosarlles o dibertido de este deporte ¡¡¡As Baixadas!!!


... Incluso lle amosamos como se deben de caer ...


...Pero, o que mais lle gustou da ruta foi... o ¡¡¡Pulpo!!!

miércoles, 2 de junio de 2010

Marcha de Cangas

Como sabedes, os bos amigos de Cangas organizan outro ano mais a sua marcha.
Temos que ir.
As 8 en Ramallosa pois, temos que estas antes das 9 para facer as incripcións.
Por cvert e gratuita, o único que nos piden e puntualidade.
Vai facer moito calor, e podiase aproveitar para quedar ali a comer e ir a praia ca familia.
Pensadeo e dicir algo.
Saudos

sábado, 29 de mayo de 2010

Hai unha lenda que di que nos montes da comarca habita un ser estraño, o cal e moi complicado de ver.
Os poucos que o conseguiron ver din que é un momento que xamais se pode esquecer.

Así que nos a Peña Ciclista Val Miñor encomendámoslle os nosos valentes membros que intentasen traer algunha proba de que o ser existe.

Para tal fin adentrámonos no mais profundo dos montes...
...pero, cando xa perderamos toda esperanza...

...o que era......e no que se converteu ...

... debe de ser por eses baños de auga fría a presión que se dá.
Despois de tal visión algúns dos membros da expedición non puideron reprimirse e tiveron que satisfacer as súas fantasías...
... outros remataron a rolos polo chan.Se queredes ver todas as probas de que conseguiron traer o grupo expedicionarios premede aquí
  • Ver estas fotos pode causar pesadelos
  • A Peña no se fai responsable dos posible traumas causados por esta entrada

miércoles, 26 de mayo de 2010

1ª NOCTURNA DO 2010 e CENA NO MILLO VERDE

Como xa é de costume nesta peña, cando empeza o bo tempo, tamén comezan as saídas nocturnas.
isto que para moitos lles parece unha loucura, non o e tal, xa que os integrantes do clube van mais que preparados...
...A fixación das lanternas faise co a última tecnoloxía en...
...fisos...
...ou cintas aislantes.
Pero...
... por si acaso esta tecnoloxía punteira non fose suficiente...
...tamén nos encomendamos os espíritos da noite, para que nos axuden a ver as pedras...
...por qué ante todo somos deportistas.

Despois dos ritos de preparación xa estamos todos preparados para saír...
...bueno, casi todos...
...e, inda que o presi lle estaba intentando meter presión...
... este non ten remedio... (un poco marica la pañoleta ¿no?)

Agora que xa estamos todos... comezamos.
Obxectivo: regresar as 23:30 para a cear en compañía dos que membros que van a camiñar...... e que están coliderados polo capitán"E.T.E"
A ruta prometía...
...mentres foi de día subimos o alto da Empedrada, o chegar o alto todos acendemos as nosa luces e baixamos coma foguetes disfrutando da sensación de rodar de noite...

...pero... como la noche nos confunde... non tardamos en meternos leas... acabamos subindo por un camiño "despejado" cuns candullos coma rodas de carro, mentres miles de mosquitos se tiraban a nós.
O chegar o cumio da montaña, atopamos outra pista igual de "despejada" e coas mesmas pedras...
...cando conseguimos abandonar a pista "despejada"... metémonos na selva virxe de Torroña, que ven sendo igual que a do Amazonas pero con Jamusinos...
...e como iso nos parecía inda pouca cousa o final incluso nos puxemos a facer salto de alambrada
... O final so chegamos unha hora tarde para cear 00:30 (casi nos matan)...
...a cea espectacular...
... o viño e os cubatas.... parece que tamén...

Para ver todas as fotos premede aquí (fotos de Isaac)