Mostrando entradas con la etiqueta val miñor. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta val miñor. Mostrar todas las entradas

miércoles, 30 de marzo de 2011

Ruta por Cangas cos Bike ou non Vai

¿A quen se lle ocurriu ir a Cangas o día que cambiaba a hora?
Pódovos asegurar que cando o espertador tocou as 6 da mañá planteime moi seriamente iso de ir o loqueiro (se lle conto a miña nai que me levanto a esa hora para ir na bici ponme a sachar patacas.)

Cangas...
Despois do madrugón conseguimos chegar sen ningún percance, iso si, saltámonos dúas direccións de prohibido (se nos cheja a pillar o Gardia Civil xa a montamos).

A xente do Bike ou non vai portouse xenial con nós...
...preparounos unha ruta moi chula...
Saímos as 9:00 da alameda de Cangas para facer uns kilómetros llaneando polos areais do Morrazo, pero axiña comezamos a subir... (joder, non sei quen dicía que o Morrazo era todo chan, como o pille vaise enterar)... e a subir...
...¡¡¡que costas!!!...

Isto tiña a mesma pinta de cando nós levamos os novos por Baredo, por iso de joder.

Despois de coroar a cima a ruta continuou por sendeiros cheos de árbores e por pequenas trialeras, Un sube e baixa que fixo que o resto da ruta se fixese moi divertida...




Temos que agradecer os Biike en non vai o ben que se portaron con nos, xa que aparte de deixarnos as duchas do clube de remo (gracias Paco) tamén nos buscaron restaurante para comer e incluso nos reservaron a comida...
... De todas formas o antes mencionado non quita que cando veñades ides a poder verificar que no Val miñor tamén hai costas e algunhas moi grandes (jejeje)

Se queredes ver todas as fotos podedes premer aquí

jueves, 26 de agosto de 2010

Festa das delicias do porco en Couso 08/08/2010

Como xa sabedes o noso non é andar en Bici... o que se nos da ben e o de comer.
Obxetivo: Festa das delicias do porco

Os gaiteiros saíron a tocar a nosa chegada (non son tantos como os que lle tocaban a Manuel Fraga pero... mellor isto ca nada)

Que rulen esas cervexas...

... Claro despois pasa o que pasa:


Se queredes ver todas as fotos premede aquí

miércoles, 25 de agosto de 2010

O día que Luís volveuse negro 01/08/2010

Todos coñecedes o noso compañeiro Luís...
... un rapaz do máis normal ...
O que descoñeciamos todos e que tiña a enfermidade oposta a Michael Jackson...
... ¡¡¡ Luís volvese Negro co paso do tempo !!!

Se queredes como lle sucede isto so tendes que ver este Vídeo:

miércoles, 26 de mayo de 2010

1ª NOCTURNA DO 2010 e CENA NO MILLO VERDE

Como xa é de costume nesta peña, cando empeza o bo tempo, tamén comezan as saídas nocturnas.
isto que para moitos lles parece unha loucura, non o e tal, xa que os integrantes do clube van mais que preparados...
...A fixación das lanternas faise co a última tecnoloxía en...
...fisos...
...ou cintas aislantes.
Pero...
... por si acaso esta tecnoloxía punteira non fose suficiente...
...tamén nos encomendamos os espíritos da noite, para que nos axuden a ver as pedras...
...por qué ante todo somos deportistas.

Despois dos ritos de preparación xa estamos todos preparados para saír...
...bueno, casi todos...
...e, inda que o presi lle estaba intentando meter presión...
... este non ten remedio... (un poco marica la pañoleta ¿no?)

Agora que xa estamos todos... comezamos.
Obxectivo: regresar as 23:30 para a cear en compañía dos que membros que van a camiñar...... e que están coliderados polo capitán"E.T.E"
A ruta prometía...
...mentres foi de día subimos o alto da Empedrada, o chegar o alto todos acendemos as nosa luces e baixamos coma foguetes disfrutando da sensación de rodar de noite...

...pero... como la noche nos confunde... non tardamos en meternos leas... acabamos subindo por un camiño "despejado" cuns candullos coma rodas de carro, mentres miles de mosquitos se tiraban a nós.
O chegar o cumio da montaña, atopamos outra pista igual de "despejada" e coas mesmas pedras...
...cando conseguimos abandonar a pista "despejada"... metémonos na selva virxe de Torroña, que ven sendo igual que a do Amazonas pero con Jamusinos...
...e como iso nos parecía inda pouca cousa o final incluso nos puxemos a facer salto de alambrada
... O final so chegamos unha hora tarde para cear 00:30 (casi nos matan)...
...a cea espectacular...
... o viño e os cubatas.... parece que tamén...

Para ver todas as fotos premede aquí (fotos de Isaac)