miércoles, 30 de marzo de 2011

Ruta por Cangas cos Bike ou non Vai

¿A quen se lle ocurriu ir a Cangas o día que cambiaba a hora?
Pódovos asegurar que cando o espertador tocou as 6 da mañá planteime moi seriamente iso de ir o loqueiro (se lle conto a miña nai que me levanto a esa hora para ir na bici ponme a sachar patacas.)

Cangas...
Despois do madrugón conseguimos chegar sen ningún percance, iso si, saltámonos dúas direccións de prohibido (se nos cheja a pillar o Gardia Civil xa a montamos).

A xente do Bike ou non vai portouse xenial con nós...
...preparounos unha ruta moi chula...
Saímos as 9:00 da alameda de Cangas para facer uns kilómetros llaneando polos areais do Morrazo, pero axiña comezamos a subir... (joder, non sei quen dicía que o Morrazo era todo chan, como o pille vaise enterar)... e a subir...
...¡¡¡que costas!!!...

Isto tiña a mesma pinta de cando nós levamos os novos por Baredo, por iso de joder.

Despois de coroar a cima a ruta continuou por sendeiros cheos de árbores e por pequenas trialeras, Un sube e baixa que fixo que o resto da ruta se fixese moi divertida...




Temos que agradecer os Biike en non vai o ben que se portaron con nos, xa que aparte de deixarnos as duchas do clube de remo (gracias Paco) tamén nos buscaron restaurante para comer e incluso nos reservaron a comida...
... De todas formas o antes mencionado non quita que cando veñades ides a poder verificar que no Val miñor tamén hai costas e algunhas moi grandes (jejeje)

Se queredes ver todas as fotos podedes premer aquí

sábado, 26 de marzo de 2011

Vamos a facer o Camiño de Santiago dende o Bierzo

Este ano como todos fomos moi malos, a directiva da peña decidiu que para purgar os nosos pecados temos que facer o Camiño de Santiago.

Esta actividade farase os días 14,15e 16 de Maio (o 17 e festivo día das letras Galegas)
Sairase o Sábado 14 as 11:00 da maña do Bierzo, e a chegada a Santiago esta prevista para o lúns 16.
Parte de esta actividades estará subencionada pola Peña.

Necesitamos saber cantos estades interesados para ir reservando o aloxamento, a idea e ir durmir nalgunha casa rural cerca do camiño ou nalgunha pensión que nos permita ter liberdade de horarios e nos estar preocupados por pillar sitio nos albergues.

Importante.
Informar Miguel Alejos ou mesmamente neste Blog os que estades dispostos a ir.
Se hai alguén se solo pode ir o fin de semana que tamen o poña e vemos como organizamos.


domingo, 20 de marzo de 2011

Ruta por Cangas o proximo domingo acompañados polos BIKE ou non VAI

¡¡¡Este domingo 27/03/2011 vamos a Cangas !!!!
Saida da ramallosa as 8:00

Xa conseguimos reflotar o barco, pero agora decidimos ir por autopista que parece máis seguro, bueno dependede de quen conduza.


domingo, 13 de marzo de 2011

Nenos, xa chegaron as licencias, este domingo as 9,30 recolledelas na ramallosa.
...e acordarvos un pouco de min

miércoles, 9 de marzo de 2011

De troula cos Jarabullo Bike (Ampliación)

Como sei que vos quedastes con ganas ver mais cousas da visita o val da Louriña, aquí déixovos un par de cousiñas.

Video...


Recopilacións de fotos... premede aquí para poder velas

sábado, 5 de marzo de 2011

Descenso Coruxo

Os aviadores Xaponeses bebían sake antes de tirarse cos seus avións contra os barcos Americanos...
...Pois, Os da Peña beben licor para quitar o medo. (uns mais ca outros claro)



¿Xa adiviñastes quen foi o que mais bebeu?

martes, 1 de marzo de 2011

De troula cos Jarabullo Bike

En días como este e cando te das conta que isto da bici e unha escusa perfecta para facer amigos e pasar un bo rato con xente que comparte a tuas mesmas aficcions.


Este fin de semana a peña Val Miñor visitou os Jarabullo Bike, que nos prepararonnos unha super ruta polos montes de Mos e Zamans.

Temos que agradecer o bo rollo e o ben que nos trataron,
E recordamosvos que cando queirades estades invitados a dar unha volta polos montes do Val Miñor.