martes, 8 de noviembre de 2011

Noticias sobre a Marcha 2011

Noticias:

O Domingo farase unha andaina, para que todos os acompañantes que non vaian en Bici, tamén poidan disfrutar das marabillosas paisaxes do Val Miñor.
Non fai falta pre inscrición, a inscrición nesta actividade farase o propio día no pavillón.

Información da ruta:

Sendeiro circular do río Muíños

  • Lonxitude: 10Km
  • Dificultade: Baixa
  • Duración aproximada: 2horas
  • Saída: Pavillón de Panxón as 9:45
  • Descrición do sendeiro:
O sendeiro fluvial comeza na desembocadura do río muíños en Praia América, para disfrutar durante dous kilómetros da tranquilidade deste río,coa súa flora e fauna e dos diferentes vestixios que deixou o noso pasado, como o muíño da Ponte de Mallón e a ponte do mesmo nome- Ao final desta senda viramos a esquerda pola pasarela da autoestrada cara o parque empresarial Porte de Molle. Despois dous kilómetros chegamos outra vez o río Muíños. Dende aquí seguiremos o noso andar ata o muíño de Porto do Molle para seguir ata o regato da Nespereira e regresar ao punto de inicio polo río Muiños A organización facilitaralle a cada participante o avituallamento necesario para que non desfalezan durante o percorrido.
A organización facilitaralle a cada participante o avituallamento necesario para que non lle falten os folgos durante a andaina, o rematar tamén se lles fará un agasallo.




Previsión climatoloxica:
Según MeteoGalicia, parece que vamos a ter sorte co tempo este ano, ¡¡¡ as previsión non dan choiva !!!
(isto esta un pouco manipulado, pero.. )


Recordade que este ano non se aceptarán inscrición no propio día marcha, a data limite para formalizar a inscrición e o día 11/11/2011

Mais información na Web www.nigranbtt.com

2 comentarios:

  1. Muy Buenoooooooooo por diooooosssssss

    El sabado se marca ¿Hora?

    ResponderEliminar
  2. 9 en el taller de los vilas

    ResponderEliminar