miércoles, 14 de julio de 2010

Pedalada os Muiños do Folon

Estimados amigos socios; este domingo proximo 18 de xullo, tal e como se acordou na última Asamblea Xeral faremos unha ruta de BTT dende Ramallosa ata os Muiños do Folon - Picon. Sairase as 9.15 da mañan e tentaremos de estar na prai de Eiras que é o final real da ruta sobre as 13.30.
Despois comeremos xuntos nun restaurante próximo. Segun o acordado o clube farase cargo de pagar o prato do socio e acompañante (mulleres ou parexas de socios, entendese). Se queres participar, cousa que estaria moi ben, non dudes en porte en contacto con nos. Pasa esta información entre todolos socios posibles para ser cantos mais mellor, eu tratarei de facerlla chegar a todos pero sempre queda alguen atras.
Saudos

No hay comentarios:

Publicar un comentario