miércoles, 29 de junio de 2011

Este domingo saímos por Sotomaior

O compañeiro Carlos vainos amosar as fermosas paraxes desa terra Castelos.
Para máis información preguntar a Carlos.

lunes, 27 de junio de 2011

Excusión as fragas do Eume

As fragas do Eume, un sitio peculiar...
...Cuna de carrachos e paraíso dos que non queren que os localicen. (¡merda de cobertura!) ou se queren perder (inda que non queiran, vanse perder igual). Un sitio onde os mapas están pensados para bonito, onde as fotos dos monumentos tapan os cruces importantes, e onde para que quede mais chulo o mapa píntanse as carreteras rectas sen cruces, non vaia a ser que a xente se lie.

As súas xentes tamén son peculiares...
... Unha xente moi servicial, da igual o que preguntes ou necesites, eles van che a dar tal cantidade de información contradictoria que e como se non preguntases nada, iso sí utilizan o tempo que faga falta falando contigo, notase que están faltos de conversación .

Menos mal que temos o Ton Ton, mira que é listo o cacharro este, bueno o noso parececia que estaba configurado en modo "trialera" por menudos camiños nos meteu.

Resumen:
O sitio moi chulo.
As rutas en Bicicleta impresionantes.
As rutas de sendeirismo impresionante.
A casa rural o mellor
A comida Impresionante.
A señalización penosa







Para ver todas as fotos premede aquí

Quedan algunhas fotos por subir, esta semana estarán subidas.

sábado, 25 de junio de 2011

Os Mansos tamen xogan o football

Por motivos inexplicables.... Os mansos vamos a xogar un 24 horas de Futbito.
Sabado 25 no campo de futbito de "monte castelo"

A tática xa a temos preparada:
Aproveitaremos cando os rivais se esten patrtindo o cu ca risa, motivada polo noso "xogo bonito", para esconder a pelota e así asegurar o empate.


Calendario dos partidos:

15:30 - Mansos & Viso
20:45 - Corzos & Mansos
01:15 - Mansos & Cereixa
04:15 - Bouzavella & Mansos

Espero que non fagan control antidopín, nin nos fagan soplar,porque ahí seguro que ganamos. (jajaja)

jueves, 16 de junio de 2011

INVITACION CENTRO BTT MEIS

Chamaronnos para mostrarnos o novo centro btt de meis. Este domingo pola mañan invitannos a conocer o centro, conocer as rutas, facer algunha delas e comer alí despois. Podemos asistir duas personas. En principio vou eu e algún do club que queira vir, si non ven ninguén acompañame Luis, que xa me dixo que lle interesaría asistir.
Abriremos ben os ollos, e, por descontado, a boca.

martes, 14 de junio de 2011

jueves, 9 de junio de 2011

ULTIMA HORA!!!!!!!

Suspendeuse a marcha da piscina para este sábado.
O luns tiñan 10 persoas anotadas e pensaban que se irían apuntando mais no transcurso dos días. Pois no, foronse borrando. Hoxe xa só quedaban 5 e chamaronnos para decirnos que se suspendía e para pedirnos mil disculpas (especialmente para o capataz da brigada de desbroce que traballou arreo).
Parece ser que cando lles decían ós inscritos que organizabamos nós a algúns lles entraba o "canguele".
De todos modos seguimos invitados ós pinchos, asique si queredes saír a dar unha volta e tomar despois unha cerveza alí con todos aínda podemos quedar. Chamarme os que queirades vir, si non facemos grupo non imos.

...e este domingo estade preparados para

¡¡¡¡ EL REGRESO !!!!

vuelve el caudillo.... sentireis su aliento en vuestros cogotes

Domingueros en Cangas

Este fin de semana fomos a pasar o día a Cangas.
Aproveitamos a escusa da marcha BTT para pasar un día de troula na praia.

O sol xa apretaba pola mañá cedo.

As vistas durante todo o percorrido foron espectaculares.
O polvo acompañounos durante toda a marcha, nas trialeiras non se miraba nada, todo era polvo.
O final o calor case acaba con nós.
Chegamos todos feitos un cristo, cheos de merda hasta as orellas.
O rematar fomos darnos un baño ata a praia...
despois montamos un picnic nas dunas da praia...
o rematar de comer unha sesta de 30 minutos...
e despois a torrarse o Sol...
Para rematar o día botamos un partidazo de Futbol (bueno aljo parecido o futbol) Un Domingo espectacular.

Se queredes ver todas as nosas fotos podedes premer aquí
Para ver todas as fotos da marcha premede aquí

Teño pendente subir un par de vídeos que non teñen desperdicio, a ver se me da tempo mañá.

martes, 7 de junio de 2011

MAIS DO MESMO

Benqueridos socios:
este sábado pola tarde vai a facerse a marcha da piscina, nós vamos a "levala", asique vir todos os que poidades, por suposto debidamente uniformados e aseados, a saída é as 4,30.
O recorrido xa esta decidido, é doado, son 17 km., este mércores imos volver a facelo, si algún se apunta saímos as 7,45 dende a piscina (traer unha tixeira de podar).

E outra cousa, o 17/18 próximos faise a saída de fin de semana as fragas do EUME como estaba previsto. Amparo xa reservou o aloxamento e se ocupou de organizala, o final hai 12 persoas que fan a actividade.

bicos para todos

sábado, 4 de junio de 2011

Xa están subidas algunhas das fotos da Marcha Biciosa ...




Para ver todas as fotos premede aquí