martes, 31 de mayo de 2011

MERCORES 7 E MEDIA

Este mercores quedamos na piscina da ramallosa para saír a dar unha volta. Os da piscina nos pediron que lles axudasemos a facer unha "marcha" o vindeiro sábado día 11 pola tardiña, o mesmo que xa fixemos outros anos.
Si alguén quere vir a marcar un recorrido xa o sabe, este mércores as 7:30 ¡hasta vou a ir eu!
bicos

jueves, 26 de mayo de 2011

Preparando a Marcha Biciosa

Este Domingo cando teñamos que baixar polas trialeras dos Biciosos, nós xa estaremos preparados...


Para os que non estades apuntados para ir a marcha, sempre vos podedes deleitar co seguinte video...

martes, 24 de mayo de 2011

Rafting 2ª entrega

Esta é a 2ª entrega relacionada co Rafting...

Cos traxes de neopreno pareciamos Bob Esponja (ou máis ben Patricio)

Como nos justa troulear...



Agora xa están subidas todas as fotos, tanto as que nos fixeron eles como as que se sacaron coa cámara do clube aquí

jueves, 19 de mayo de 2011

ULTIMO AVISO!!!

teño anotados para a cena do sábado:
santi y sra
diego y sra
luis y sra
vilas y sra
" "
miguel y sra
fernando sin sra
mañan vou a reservar, o que non avise xa pode levar o tapergüer ou vai a pasar fame.
o menú vai a ser: empanada, tortilla,croquetas e cordeiro (si alguén prefiere bacallau que mo diga)

si as mulleres queredes ir a dar unha volta polo monte podovos levar eu, incluso podovos facer que miredes as estrellas, e a miña especialidade...

lunes, 16 de mayo de 2011

Non hai trialera que se nos resista, Rafting 15/05/2011

Non hai trialera que se nos resista!!!
Da igual que sexa na terra ou na auga.


A algún do grupo xa lle ofreceron traballar de "motor fuera borda" no barco de Cangas. Menuda forma de remar, David Cal o seu lado e un pimpín.
Iso si, a outros ofrecéronlle traballar para Iberia, xa que único que paleaban era o aire, (nin tocaban a auga)


Que ben o pasamos...


Al abordaje!!!

Incluso fixemos practicas de vuelo sin motor... (isto si que e un cortado)

Deixovos aquí un video coas mellores imaxenes...



Se queredes ver todas as fotos premede aquí

Por último agradecer os monitores o ben que se portaron con nós.

PD: esta é a primeira entrega, queda pendente subir as imaxes e os vídeos da cámara da Peña.

martes, 3 de mayo de 2011

RAFTING 15 de Maio en Arbo

¡¡Xa estamos anotados os 28!!

Quedamos en Ramallosa as 9:00 para ir todos xuntos.



Hola,

Como o final o do camiño de Santiago Suspendeuse por falta de xente interesada en ir a purgar os seus pecados, decidimos ir de caralla...

...Vamos ir facer Rafting!!!

O proximo domingo 15 pola mañá vamos a ir a Arbo a facer Rafting coa empresa Vaguada aventura (foron os máis baratos que atopamos e os que mais facilidades nos puxeron)

Para os que non coñezan isto do rafting, déixovos aqui un par de vídeos...



Algún vai a ter pesadelos con ete vídeo...


Información da actividade
  • En cada barca como moito van ir 7 persoas máis o monitor
  • Temos que estar en Arbo as 10:30 e terminamos as 13:30
  • O descenso dura aproximadamente 1:30 horas
  • 10Km e a distancia que vamos a baixar en barca.
  • O descenso vamos a facelo todos o mesmo tempo.
  • A empresa daranos a cada un de nos un traxe de neopreno para non pasar frio, chaleco salvavidas e casco.
  • O final do recorrido a empresa daranos un CD con fotos e máis videos de camaras que teñen durante todo o percorrido.

Condicións:
  • O prezo e de 30€ por persoa
  • Se alguén quere ir acompañado de algún amigo ou familiar pode facelo sempre e cando sexa maior de 12 anos
  • E necesario levar bañador e un calzado que se poida mollar, a poder ser tenis ou escarpíns (ten que ser un calzado que quede ben suxeito o pé e non se nos perda)
  • A actividade farase inda que chova (pensade que vos ides a mollar de todas formas e co neopreno nos ides a pasar frio)