lunes, 26 de julio de 2010

Saida zona Val Miñor 11-07-2010

Parece que facía Calor.
Xa non colle máis xente na sombra do pimo.


Hay que ter coidado o pasar polos fentos que despois ....
...pódense pillar Carrachos (jejeje)
¡Que vistas!
Se queredes ver todas as fotos premede aquí

sábado, 24 de julio de 2010

Tempada de curros 2010 "O Galiñeiro"

Hoxe vamos a ir o curro do Galiñeiro...
Así que, como de costume saímos xa coa mente posta na papatoria que nos vamos a pegar cando cheguemos.

Cando xa estabamos no Galiñeiro démonos conta que os toxos estaban mais bravos ca nunca...
...bueno....
... Quen se deu conta foi Agustín, que se enchufou no medio dos toxos da foto anterior.
¡¡¡Como apretaba o Cu cada vez que se quitaba un pico!!!
O chegar o Curo démonos conta que nos confundimos de fin de senama... pero... como non queriamos quedar sen a papatoria tradicional decidimos ir a casa dun dos Vilas...
Así que nos preparamos para baixar.

Inda que non hai testimonios gráficos do momento, Alejos fixo das súas...
O grito de ¡¡¡APARTAiDE JALIÑAS!!! tirouse por un trerraplén abaixo, acabando con todos os juesos contra as pedras.

Do que si que temos testimonio gráfico e da nova caida de Agustín nos toxos (parece que lle tomu justo)
Ver Video

O chegar o primeiro que fixemos foi refrescarnos... (ante todo seguridade)despois... papear... beber...
¡¡¡ Menuda sableada lle pegamos o xamón !!!
Se queredes ver todas as fotos premede aquí

miércoles, 21 de julio de 2010

NOCTURNA EN CORUXO

Este venres 23, programouse unha nocturna dende coruxo,
da casa de Jóse Ramón. Saese as 21.30 e despois cease na sua casa, asi que apuntadevos ou ben aqui, ou chamando a Jose Ramón para calcular o tema da comida.

miércoles, 14 de julio de 2010

Pedalada os Muiños do Folon

Estimados amigos socios; este domingo proximo 18 de xullo, tal e como se acordou na última Asamblea Xeral faremos unha ruta de BTT dende Ramallosa ata os Muiños do Folon - Picon. Sairase as 9.15 da mañan e tentaremos de estar na prai de Eiras que é o final real da ruta sobre as 13.30.
Despois comeremos xuntos nun restaurante próximo. Segun o acordado o clube farase cargo de pagar o prato do socio e acompañante (mulleres ou parexas de socios, entendese). Se queres participar, cousa que estaria moi ben, non dudes en porte en contacto con nos. Pasa esta información entre todolos socios posibles para ser cantos mais mellor, eu tratarei de facerlla chegar a todos pero sempre queda alguen atras.
Saudos

lunes, 5 de julio de 2010

Tempada de curros 2010 "San Cibran"

Que día de calor...
...Alejos hasta tivo que quitar os calzóns para secarse o suor...

...menos mal que nos que queda "Estrella Galicia" para recuperar forzas.
Vamos a ter que comprar un alcoholímetro na peña, porque despois pasa o que pasa. (intentade ver os vídeos con audio, gaña moito)


sen comentarios, que sepades que Angel intentou sobarnarme para que non subira o vídeo, seica lle afecta a sua reputación.


sen comentarios

Se queres ver todas as fotos premede aquí

viernes, 2 de julio de 2010

Tempada de curros 2010 "Morgadans"

Curro de Morgadans...
Sardiñas a mollar no pan


Todos preparados para un novo día de bandullada no curro.

Pero para comer, primeiro hai que saber onde esta o curro...
...e parece que desta vez as cousas nos estaban tan claras...
...xa que acabamos metidos nunha lea coma de costume,
Inda que algúns intentaban trazar o percorrido para baixar montados...

... o final tocou portear....Mira que cariña se lle quedou a Diego por non poder chegar a comer as Sardiñas
Se queredes todas as fotos premede aquí

jueves, 1 de julio de 2010

Tempada de curros 2010 "Mougas"

Este posiblemente sexa un dos curros máis chulos da zona...


...e, onde mellor dan de comer...
...so hai que ver como quedaron esas espiñas das sardiñas (estes neniños, comen que da justo miralos, jajaja)
Se queredes ver todas as fotos premede aquí

Tempada de curros 2010 "A Valga"

Os curros sempre foron unha boa escusa para ir a dar unha volta en Bici e tomar unhas cervexas.
E como xa dixemos nalgunha ocasión "non hai festa que se prece, que non teña, unha visita da peña"


Nin que tiveramos fame... (isto xa parecen as comidas de Asterix e Obelix)
Se queredes ver todas as fotos premede aquí