martes, 30 de marzo de 2010

Estes si que peregrinan

Mandovos a cronica dos bos amigos dBike ou no bike de Cangas facendo o camiño, merece a pena:

Etapa 1, de Roncesvalles a Lorca
Na noite do sábado quedou selado o pacto do silencio, rito iniciático de fondas raíces mariñeiras, que protexe aos marinos en terras afastadas de cuestións que afecten ao divino perdón dos seus pecados.
Para sair de Roncesvalles, rebautizado como Roqueponte, averiguamos canto tempo precisa un auténtico bike ou non vai para levantarse, arrejarse, desayunar e montar a roda da bici. As probas empíricas sitúan o proceso en 2 horas e media.
A chuvia evitou unha impecable harmonía cromática nos traxes (algún de estrena) dos 14 galegos pedaleantes pola diversidade de chuvasuqeueros. Os perfiles eran no papel descendentes pero agachaban trampas embarradas por subidas pedrentas e baixadas retortas. Nos primeiros 15 kilómetros, discurrindo por sendeiros en mestos e húmidos bosques, asustamos a ducias de peregrinos que se apartaban polas cunetas ante a ruidosa aparición da raza de mariñeiros.
Vamos chavales! Berraba o capitán marzochi estirando o minipelotón. A modo, respetade aos a mariores! indicaba Pichon coa súa serena cautela. Besbello saca os cánticos populares e Doneciño só pensa nunha bodega de Rioja. Cruzámonos varias veces con tres bikers da terra dos viños de Monterrei e as augas de Cabreiroa, de Verín. Estes do interior queren facer o camino en 8 días en lugar de 9, que ofensa! que verjonsa! qué provocación! pensaron Alberto e Manuel. O resto do día presionaron para reducir nun día a data sinalada para o éxtase final do Obradoiro.
Os descenders gozaron da última parte de baixado. O entusiasmo era tal que só o sabio, razonable e juapo Marajota se decatou que levábamos 30 km sen tomar a jalleta. A chegada a Villava tróuxonos o recordo dos tempos de Indurain incluíndo cánticos de homenaxe pertinentes. Cruzouse Pamplona en formación máis ben caótica para tomar un maravillos bocatas ao deixar a cidade. Houbo unha confusión na cita cos condutores pero os bocatas nun parque co tímido sol de marzo soubéronos como se fosen unha boa mariscada.
A subida ao monte do Perdón: unha tachuela no perfil foi un unha tortura para algún dos peregrinos. Mentres Diego e Alberto sprintaban polas pedrentas costas; os calambres e dores de articulacións van aparecendo entre os mortais. Ascéndese ao Perdón entre inmensos prados e os familiares parques eólicos. O premio: unhas impresionantes vistas pero nada de perdón ningún porque o terreo rompepernas seguiu a castigarnos durante máis de 20 quilómetros. Unha baixada pedrenta e “falsos llanos” conducíronos a Puente la Reina. Aquí prodúcese un encendido debate entre os cautos (ou vagos) e os valientes (ou animaliños) sobre seguir ou parar. Non podía ser doutra forma, o lado animal triunfa e enfrontámonos a novas rampas co sol ameazando con ocultarse. Atravesamos as empinadas costas de Zirauqui para acabar en Lorca, nun acolledor albergue con abundante viño, comida e unhas mozas de Pladejón. Os oriundos informannos: “Las mozas de Pladejón quieren más gaita que sermón” e a tropa de Cangas pasa á acción e comeza unha nova noite de pouco sentidiño.
Mañán, outra ruta, destino: unha bodeja, que non nos pase nada.,

Domingo de Resurección.

Fieis ferigreses, vistas a prevision meteoroloxica suspendese a procesion do santo barrijon. Aprazamola ata o domingo, se o tempo o permite. De momento as previsions son boas.

As normas son as mismas, saida as 9 da mañan dende Ramallosa, e apuntarse para saber os que somos en;

lunes, 29 de marzo de 2010

Programa procesional Semana Santa

Xoves de pasión
Compañeiros do metal... do ferro que levamos entre as pernas, quero dicir... da bici, a ver se nos entendemos, chegou a Semana Santa.

Como xa é tradicion nesta Peña iniciamos as procesions gastronomicas, aqui van duas propostas. A primeira o Xoves 1 de Abril a festa do ourizo en Oia. Como de costume os devotos cofrades sairan de Ramallosa é en devota procesión polos montes da grova, acudiran chamados polo cheirño de tan exquisito manxar.
Despois envalentonados polo alvariño, dirixiremonos en diabolico sprint ( como o de este domingo) pola carretera ata Ramallosa.






O Venres santo, xa recuperados de tan magnifico esforzo, o noso padal ofreceremoslle un dos praceres da carne. O churrasco.
Para iso habera que curralo, pois e alimento de mais fartura. E pondo rumbo norte as, ollo o piollo, 8.45 para sair as 9 da mañan dende Ramallosa.
Faremos a "senda da auga", para iso temos que chegar a Vigo en bici e por carretera, para despois coller a senda e tentar chegar oa cañons do Oitaven, onde finaliza.
A comida, que é o que de verdad importa será unha churrascada nunha casa que ten Carlos en Sotomaior. O regreso faremolo en coches que as mulleres que non van a andar en bici levaran ata ali. Para as mulleres hai ruta de sendeirismo. A comida pagase a escote.
E imprescindible que vos anotedes para comprar a carne e demais antes do Xoves neste correo

Descripción Ruta 28/03/2010

Trac ruta:

Elevation Profile
Distancia recorrida: 40,83 kilómetros
Altitud min: 22 metros, max: 496 metros
Desnivel acum. subiendo: 2.528 metros, bajando: 2.531 metros


domingo, 28 de marzo de 2010

Donde esta Wally

O Presi, Diego e o Alejos empezan coa competición.




Empezamos a levar conta da clasificación dos que chegan tarde para este ano.


viernes, 26 de marzo de 2010

Los Lagos de Covadonga


Dos de mayo de 1998, seis valientes se preparan para desafiar el mal tiempo y las terribles cuestas; de izquierda a derecha: Manolo, Ramón, Urbano, Javier (Toupeira) Pepe y Juan.

En pleno esfuerzo tras haber superado gran parte de la durísima ascensión ¡fijaros en las caras de sufrimiento! (Clikear la foto y echarle un poco de imaginación)

Prueba superada

miércoles, 24 de marzo de 2010

Campeonato do mundo de trial en Baiona

Outro ano mais, no vindeiro mes de abril, pasarán por estas terras os millores pilotos do mundo nesta especialidade. Inquietos polos rumores da rapida milloria de nivel dos pilotos galegos, e de que poidan facerlle sombra envieille este video para tranquilizalos.
Constame que o ver as imaxes respiran tranquilos e incribironse todiños...

martes, 23 de marzo de 2010

Marcha BTT MONÇAO Portela 5

Aquí estamos, en Portugal e fardando de chubarqueiros, bueno, casi todos, sempre hay algún que quere dar a nota.



Os chubasqueiros moi bonitos, pero non pasaron nin 5 Km e xa vamos coa lingua de fora, que calor ...
Nos xa nos podemos mais, que lle den os chubasqueiros
Si, xa o decia Puri "A donde vades con iso posto,que vos vades a achicharrar"


Canta lama, pareceme que nos vamos a por bonitos, se eu xa decia, que estes portugueses ...

Ahh, eu paso de mancharme, que non truxen chubasqueiro e despois nos salen as manchas, nada, eu retirome e vou a andar coa miña señora.

Nos vamos comendo que xa nos avisaron que vai ser duro, e non vaia ser, que non cheguemos o final

Pois si que hay que subir ...

.. e subir ...

Menos mal que a paisaxe merece a pena.

De tanto subir, quedei totalmente derreada.
Xa podían chegar estes dunha vez...

E despois de 40Km comezaron a chegar....
Como sempre o mellor foi o de despois, comer, beber, beber, comer (o de sempre)

lunes, 22 de marzo de 2010

Participa que e gratis



Incondicionais seguidores deste blog. Ante a avalancha de xente querendo participar aqui, informovos que para iso teño que invitaros eu.
Si amigos, a miña sorpresa foi grande o saber gracias o amigo Oitaben, que si eu non quero aqui non escribe ni dios. Agora entendo porque ninguen escribía.
Os que queirades facer un comentario, e de regalo vai invitacion para publicar.
Ben e certo que a seccion comentarios empeza a funcionar... sen censura, como debe ser.
Despois de este rollo deixovos meditando sobre o irremediable paso do tempo con estas bonitas estampas. Todos fumos a millor sobre todo nas equipacions.
Por certo dis que miraron a Lago vendendo chubasqueiros este luns en sabaris...

jueves, 18 de marzo de 2010

MARCHA DE FRAGOSELO

Silenciosos compañeiros do blog, como sabedes este sabado hai unha marcha en coruxo. Eu en principio pensaba que seria unha cousa suave por que lle chaman pedalada. Pero parece ser que non.
Segun correo dos amigos de Biciosos, si os mismos da marcha do aloia, fixeron eles o recorrido. Dende coruxo o alba, co seu estilo, e trialeras...
As 10 na salida, en fragoselo, no final do circuito.
Igual habia que ir a estrenar os chubasqueiros.

martes, 16 de marzo de 2010

Cousas que e millor non ver





Pásalle a moita xente. as veces vemos navegar... quentamonos



E tentamos facelo.

Outras vemos como algúns voan... quentamonos


E facemos como o amigo Lago, que deuse a galleta da sua vida tentando facer o que o de arriba facia entrenando este domingo en fragoselo. O seu intento de back-flip faltoulle cuarto e mitade, e acabou caindo de espaldas. Non foi nada pero asustounos a todos.
Xa o dicia antes, hai cousas que e millor non ver...

Eiqui esta o amigo Lago sorrinte uns anos antes pensando en cantas galletas aguantaría o seu corpo.

Informacion adicional para todos os que queiran ir a marcha de Portugal este domingo. O link para facer as inscripcions e http://www.ccmoncao.org.
O outro día no monte falouse de sair as 8.30 desde Ramallosa. Se calquer cambio, comunicadeo.

viernes, 12 de marzo de 2010

Parabens Toupeiro


Amigos/as, fieles e silenciosos/as lectores/as.
Conseguimolo.
Xa temos un seguidor.
Como non podia ser menos o amigo Toupeira, abducido polo hipnotico contido deste blog, non se contuvo en zas! Apuntouse.
Como premio obsequiamolo con esta bonita postal dedicadada esta misma mañan para el. Estas bonitas rapazas en canto se enteraron puseronse de esta guisa... cada unha manifestou a sua ledicia o seu modo.
Recoda doble clik sobre a foto para ampliar e non perder detalle.

jueves, 11 de marzo de 2010

Móllate

Neste blog non vale facer como o can e esperar a que o faga outro...
Nen quedarse mirando...

Hay que mollarse, participa!

lunes, 1 de marzo de 2010


Reenvio a foto anterior porque quedou algo pequena. Para os mais curiosos dicir que foi sacada na primeira nocturna do ano pasado. Pouco antes da cea en Chan da Lagoa.l

Somos os Mansos


Asi, con esta declaración de intencions, crease o primeiro blog NON oficial, da Peña Ciclista Val Miñor. Un grupo gastronomico-ciclista (maiormente de montaña) que a diferencia de outros que toman isto da bicicleta moi a peito, nos pedaleamos para facer fame.

Pode ser, se isto triunfa, que esta sea a nosa canle de comunicación dixital demandada por alguns membros do colectivo.

Na espera de que empecedes a enviar esos centos de fotos que temos da peña, pouco a pouco irei subindo parte das que eu teño.